Benvid@s unha semana máis. 

Xa temos peregrino na clase. 





Esta fin de semana Noé descubriu que polo pobo da súa familia, Sarria, discorre o Camiño Francés.


Nas fotos explicounos por onde había sinais, un albergue...

O que máis lle gustou foi unha estatua adicada aos peregrinos.











Todos querían observar de perto a cabaza. 
O caxato tamén é moi orixinal.











O tema do camiño gustoulles moito. Pablo tamén nos ensinou un foto cun banco do Malecón que sinaliza o camiño.



Seguimos con sorpresa.

Esta semana Zaira quixo compartir con nós unha boa nova.

Na súa casa naceu un poliño.

Para ver o o proceso ensinounos uns vídeos nos que se podía ver cómo o poliño rompía a casca do ovo e se movía dentro.

Cando sexa un pouquiño máis grande prometeunos outro vídeo para ver como vai medrando.



Tamén adicamos parte da semana a coñecer un pouquiño máis a figura de Florencio.
Qué mellor sitio que a recreación do despacho de Florencio que temos no cole.
Observamos as fotos familiares e os obxectos que o compoñen.
No libro de Daniela descubrimos a súa historia e porqué tivo que ir vivir fora de España.




Yeray tamén nos trouxo 3 libros adicados ao autor.

En " Galiza Infinda" descubrimos que Florencio foi un gran viaxeiro como nos.








Como recordaredes, na semana do entroido tivemos un día adicado aos escritores galegos.
Ese día aproveitamos para presentar a Florencio a través dun anaco dun dos seus poemas mais representativos:

" Miña noiva;
miña terra:
Á beira do Sil deitada, 
para ollar a túa beleza,
do mesmo xeito que a "Venus 
do espello" nel se comtempra."


Cada neno fixo un debuxo que representaba a súa visión do Barco, coas súas árbores, o río, as montañas, os paxaros...
Neste video fixemos unha recopilación con todos os debuxos .

A voz de Noé introduce o poema.
Teño poucos galegofalantes na clase e él presentouse voluntario.





Continuamos coa ronda de aniversarios desta semana.

¡Parabéns Eros!

¡Benvido ó clube dos 6 anos!
¡Qué maior!







Xa vedes que está preparado para que comece a festa.


Pero primeiro temos que pedir un desexo e soprar as velas.
¡Luces apagadas!







Agora toca coller forzas para o baile.
¡Grazas pola merenda tan rica!






















¡A bailar!




































¡Felicidades Alicia!

Esta semana tamén celebramos o aniversario da nosa compañeira Alicia.
¡Que guapa sirenita!










¡Que emoción!






¡Pide un desexo!




Bravo!
























¡Festa!
































Boa fin de semana a tod@s!
A desfrutar das festas!










 

Comentarios

  1. Para Eros fue un día muy especial,se lo paso genial,da gusto ver lo contento que va al cole,muchísimas gracias

    ResponderEliminar

Publicar un comentario