Esta semana nos han acompañado en clase unos amigos muy especiales...
Llegan directamente de la biblioteca del cole, del cuento :
"A casa da Mosca Chosca"




Pasamos un rato moi divertido con :
-A Mosca Chosca.
-O Escarevello  Revello.
-O Morcego Chairego.
-O Sapo Castrapo.
-A Raposa Chistosa.
-A Moucha Repoucha.
-O Lobican Pillaban.
-O Oso Larpeiro.

O libro conta a historia dunha mosca que fai unha torta para inagurar a sua casa. 
Os habitantes do bosque vanse unindo á festa ata que chega o Oso Larpeiro e ...

¿Qué acontece?

Se o queredes saber podedes ver o seguinte vídeo ou preguntarlle aos vosos fillos que saben moi ben a historia.



Tanto lles gustou o conto que xogamos a representalo con títeres.



Antes de comezar temos que preparar a mesa para a celebración.
O conto di que a mosca preparou sete platos para os seus invitados.
Zaira e Alicia foron as encargadas de contar os que nos facían falta e prepararon a mesa.



Despois repartimos os personaxes e comezamos a historia.












Fixémola dúas veces porque todos querían participar.



















Tamén xogamos a escribir os seus nomes.
Esta vez utilizamos o teclado da pantalla.
Como os seus nomes son tan longos necesitabamos dúas persoas:
Unha escribindo e outra ditando o nome letra a letra.








Como lles gustou tanto o conto cada un escolleu un personaxe para colorear e levar para casa de recordo.

Tamen adicamos un ratiño para ver as fotos que mandástedes para a presentación do día das Bibliotecas escolares.
Cada un falounos un pouquiño  do libro  que elixiu.

Había un pouco de todo:

-Nenas con ás  que podían voar .


-Personaxes máxicos.


-Animais escondidos para descubrir.


-Dinosaurios. Os preferidos de Olaia son os Triceratops e os T-Rex.



-Libros para tocar con ras e pulpos moi blanditos.



-O noso amigo o monstruo de colores.



-Topito Terremoto que non para quieto.


-Contos clásicos.




-Personaxes moi valentes.


-Unha familia moi terrorífica...
¡A familia Adams!


Se alguen máis quere mandar a súa foto, pode facelo ata o domingo.


Este curso a pizarra dixital está a dar moito xogo. Como non nos podemos xuntar na asamblea é un recurso que nos permite traballar en conxunto e que todos o poidan ver.

Esta semana a encargada tiña tarefa nova: 
-Cantar a canción do abecedario á vez que sinalaba as letras.




Tamén coñecimos a vogal " e" en minúscula.



Traballamos o seu trazo e recordamos o da letra A.










Pero non puidemos rematar a semana sin ter algunha sorpresa especial.
Temos unha caixa nova de material para xogar.
¿Qué terá dentro?
¡Bloques lóxicos!

Antes de facer xogos xuntos cada un pode experimentar co seu material libremente.






Agora que xa sabedes todo o que ten a caixa imos xogar un rato xuntos.
Primeiro xogo:
"Somos copións"
Na pantalla hai unha foto con bloques lóxicos colocados dunha maneira moi especial.



¡Moi atentos!
Hai que se fixar cáles están encima e cáles están debaixo.


Xogamos con distintas fotos nas que variaba a dificultade.










Segundo xogo:

"O noso corpo con figuras xeométricas"
Quedaron uns bonecos moi simpáticos. 
Ningún era igual, a sua creatividade sempre supera a miñas propostas.













Agora toca descansar e coller forzas para unha semana terrorífica...







AVISOS:
-Podedes mandar as  fotos das cabazas ao meu correo. Como todos os anos os participantes recibirán un diploma de artistas.

-Recordade que o venres non poden vir nen@s ao cole. O venres só poden entrar bruxas, pantasmas, vampiros, lobisomes, dragóns...





¡Boa fin de semana!










Comentarios